Documentos

14 11 2006

Podes descarregar en pdf (listos para imprimir) dous interesantes documentos que foron debatidos e aprobados pola nosa organización no seu Plenario Nacional do pasado mes de outubro.

Un deles trata a cuestión do frentismo e a presenza pública da nosa organización, o outro é unha análise arredor do proceso de reformas estatutarias e a nosa aportación a respecto da posición que cremos que debera adoptar o nacionalismo organizado: “Autodeterminación e marco político”.

(Ambos artigos respectan a normativa utilizada polo redactor do texto base orixinal.)


Actions

Informations

20 responses to “Documentos”

15 03 2007
ISCA :

De ISCA! estamos a traballar nunha nova páxina web. En canto non se modifiquen as faltas de respeito e as atitudes destrutivas co nacionalismo xuvenil que nada achegan á loita, desde a nosa perspectiva ou desde outras, ISCA resérvase o dereito de moderar ou restrinxir os comentarios. Sen negar o debate, estruturaremos un sistema de comentarios que non permita as faltas ao respecto nen as descualificacións persoais.

9 04 2007
gn :

Chamadeo censura directamente.

Eu lin o blog o outro dia e só habia dous comentarios contrarios à liña oficial da vosa organización e ambos eran completamente respetuosos.

Nun comentario se vos botaba en cara que só aceptedes as decisións das asambleas cando as tomades vós, mentras que cando perdedes falades de carretaxe, etc.

En outro vos explicaban que eso de apresentar un programa xunto coa lista non é moi boa idea, porque as teses políticas que se debaten en asemblea están para algo.

Asi que eu o teño moi claro : CENSURA !!!

9 04 2007
Roberto :

E logo o comentario no que se “falaba” do anterior secretario xeral, era respetuoso compañeiro/a?
En fin, non vou dicir máis que aínda hai que aclarar ben, e aquí si, sen censura, o que pasou na última AN de Galiza Nova… Igual ti sabes algo, así que se queres, sen censura comentalo supoño que terás algunha canle para facelo e que o saiba toda a organización.

10 04 2007
galiza :

non é censura, simplesmente non é de recibo facer comentarios nun blog cando nen tan sequera nas outras páxinas non se permite, volver a falar da asemblea nacional cando nen tan sequera se comenta na páxina de Isca! paréceme aproveitarse. De todas maeiras si que houbo carretaxe, viuse por todos os que levabamos dus días na asemblea nacional, pero bueno tamén é un traballo ben feito polos que non credes na democracia participativa. Un saudo a todos e agardo que a partires de agora levemos o nacionalismo polo bo camiño entre todos.

13 04 2007
Davicinho :

Censura?

Como reina a Hipocresías nalgumas declaraçoms.

23 04 2007
un independente :

A ver se levamos a páxina máis ao día!

Parabéns por esta última Asablea Nacianal a todos vos, iscariotes, especialmente a Macías López polo seu discurso. Estou seguro que se esa fora una verdadeira asamblea o resultado sería diferente. O clima de tensión era tal que ainda que moita xente que estaba dea cordo con vosco “tiña” que votar en contra. Observei tamén como se lle dicia aos cativos o que tiñanque votar, sen argumentos nin nada e moito máis detalles dese tipo…

Seguide traballando con forza, porque por moito que digan, tedes as cousas moi claras sen a necesidade de acatar o que ven dado de arriba, e moitas gañas de traballar por elas, que é o importante!

25 04 2007
www :

se houbera voto segredo, eu vos votaba.

confirmo que si que había presións…

28 04 2007
Davicinho :

O voto , aínda que nom fosse segredo , polo menos que fosse verdadeiro e nom por compromisos con “eles” ou “nos”

1 05 2007
www :

si, estou de acordo. Pero non sexamos hipócritas e admitamos que non todo o mundo ten interese en que o voto sexa segredo… queren o voto e punto. Ademáis moita xente non sabe diferenciar a estas alturas o político do persoal…

2 05 2007
852 :

o voto só pode ser verdadeiro se se sabe o que se vota e non votar por votar.. porque todos os colegas o votan. Sei que todo o mundo pode perderse nalgun momento: para iso están as abstencións.

21 05 2007
galipedio :

Definición de Isca segundo a Galipedia:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Isca_%28pol%C3%ADtica%29

24 05 2007
Roberto :

Moi ben posta a definición, je, je!
Bo invento este da galipedia…

Saúde e comunismo!

14 06 2007
curioso :

Que sabemos do Festigal?

29 06 2007
lara :

pois o que se sabe do festigal (o que vin eu pola prensa) non polo que me comunicaran na miña comarca é que os gurpos non son os que querría (coma tódolos anos aínda que logo o pase ben) e que provábelmente logo terei que ir currar coma sempre cando coma sempre non se consulta nada a mocidade para saber o que queremos, digo eu que tanto traballo algún ano merecería recompensa, veremos…

9 07 2007
Opinador :

Agora que xa se sabe máis ou menos o cartel musical (e o outro), que opinades dos mesmos?
A min o deseño do cartel paréceme de chiste, aínda peor co do ano pasado, unha auténtica frikada sen sentido.
En canto ó musical, pois tampouco me entusiasma: segue sen haber ningún grupo que poida atraer xente e o que escoitei dos Terrakota estes, por exemplo, tampouco é nada do outro mundo.
Musicalmente pódese dicir que segue esmorecendo o Festigal (mentras decidan os grupos os de sempre) e ademais a competencia, aínda sen Banda Bassotti segue a ser dura con Obrint Pas, que vai para o de Briga ó parecer xunto con Skarnio e Skacha (ou iso se dicía).
En fin, que pensades que se debería ter traído?

Saúde e Patria!

12 07 2007
Verme(lho) :

Eu dos grupos já nom opino porque sempre as apanham para traer o más “cosmopolita” (no mal senso) do orbe (alguem se lembra dos inombrabeis 08001 do ano passado ou dos Manimal?), pero acho que se deberíam pedir as explicaçoms precissas polo desenho do cartaz. A min paréceme umha falha de respeito total que se saque un desenho tal para um acto que marca o inicio do día más grande para un nacionalista como o é o día do seu povo, que cren que celebramos, o día do orgulho friki? Dende logo nom ha conscencia do que debe representar ese día para nós, para o povo galego.

Saúde e independência!

13 07 2007
nova :

O cartaz… non sei… quedei abraiada co que cada ano poden publicar, seguro que os entendidos en publicidade considérano xenial, e supoño que está feito para impactar. De todas maneiras amin non me gusta, pero me dá que é a liña que se vai seguir, importamos algo galiza nova nas decisións? Ao mellor nos concertos deberíanos darnos a falar e non só para traballar. Ah! Cando ides ter unha páxina web? eu sempre miro a ver se cambiástedes algo, estamos a agardar :)

20 07 2007
lavrego :

Como vai isto de causa Galiza, quem me pode informar d’algo mais que nom apareza pola rede.

Por certo: si que está algo parado este espazo era boa cousa dar lle movemento

20 07 2007
Seica :

Seica GN tiña o contacto con Obrint Pas pero non se fixo caso nengún…

Así nos vai machiños, así nos vai.

25 07 2007
Suevio :

O umegallo de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, despois de estar desaparecido na Rede, trala publicación de numerosos artigos arredor do tema Valadés, reapareceu no día de hoxe en Vieiros, cun artigo que seguro que dará pé a moitisimos comentarios…

Podese ler en: http://www.vieiros.com/opinions/opinion/138/25-de-xullo-verba-movent-exempla-trahunt

Leave a comment

You can use these tags : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>