isca! » o que é isca!

o que é isca!

Isca: 1. Calquera materia vexetal que, por estar moi enxoita, arde con gran facilidade. Está seco coma a isca. SIN. esca. 2. Folla seca do piñeiro. Apañou unha pouca isca para facer lume. SIN. arume, faísca, lesta, rama. 3.Utilízase para axotar animais ou para indicar ás persoas que se vaian. Isca de aí

isca! é unha organización de moz@s militantes en Galiza Nova (organización xuvenil do BNG) que ante a situación política actual no País ollamos necesario autoorganizarnos como colectivo no seo do nacionalismo, para artellar un espazo de esquerda autodeterminista que poida achegar novas visións ao discurso “oficial” do Bloque Nacionalista Galego. Visións abertas ao traballo cultural e social, político por tanto, de base participando dos diversos movementos sociais do País.

Estes son os nosos principios ideolóxicos.