isca! » Principios ideolóxicos de ISCA

Principios ideolóxicos de ISCA

Art.1. ISCA é unha organización xuvenil asemblear e democrática que luita pola liberación nacional de Galiza de acordo cos seguintes principios:

NACIONALISMO: Galiza é unha nación colonizada, e por tanto ten direito á súa autodeterminación. Entendemos esta como un proceso que conduza á independencia nacional, entendida como o exercicio da soberanía plena, tanto no institucional como no económico.

ANTICAPITALISMO: Consideramos o capitalismo un sistema inxusto por definición, e só desde a súa superación poderemos construir alternativas viábeis para o noso povo. Traballaremos pola construción de modos de vida alternativos á lóxica do capital.

MARXISMO: Cremos que só cun sistema socialista poderemos ser realmente soberanos. Recollemos as ideas de Marx, Engels e Lénine a a partir das cuais se funda unha teoría política que interpreta a realidade concreta de cara á súa transformación revolucionaria. Entendemos o socialismo como a conxuncion dunha teoría (materialismo histórico) e dunha praxe revolucionarias en construción. Pretendemos a transformación profunda e radical da sociedade galega mediante un proceso de revolución democrática, baseado na participación directa de todos os galegos na tomada de decisions políticas e económicas.

ANTIIMPERIALISMO: A loita pola liberación nacional de Galiza incrébese dentro da loita internacional dos povos contra o imperialismo.

Art.2. ISCA asume o programa e os principios ideolóxicos da Frente Patriótica.

One response to “Principios ideolóxicos de ISCA”

21 06 2007
Uz :

Os meus mais sinceros parabéns a todos os grupos democráticos galegos que luitam pola independência da nossa nação.

Leave a comment

You can use these tags : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>